miércoles, 21 de enero de 2015

LIBRO VIAXEIRO



As rapazas e os rapaces de 2º de primaria, estamos a facer o "Libro Viaxeiro".



O libro viaxará de casa en casa. Os rapaces e rapazas teñen unha nova misión: escribir un anaco do conto, que teña coherencia e cohesión co que escribiron os demais compañeiros e compañeiras. Por iso, é importante que lean o conto para que se lembren da historia e sexan quen de aportar a súa imaxinación.

Ao ser impulsado na clase de lingua galega, terán que facelo en galego! 

Anímovos a todas as familias a axudarlle os/as fillos/as. Todos/as xuntos/as conseguiremos facer un gran conto. 

Só tedes que deixarvos levar pola imaxinación.